LETRAS GALEGAS | American tale

LETRAS GALEGAS | American tale

Teño a impresión de que esta novela, ambientada en Estados Unidos, na America fonda, con rapaza galega a estudar nunha vila pequerrecha, cun carteliño na entrada especificando o número de habitantes, vai dirixida nunha primeira intención aos alumnos que en Galiza teñen o galego (e as lecturas complementarias) como materia obrigada. Penso que se trata dun malentendido, non tanto como o “msalentendu” aquel do Mestre Albert Camus, pero case. Porque A sombra do graffiti (Editorial Galaxia, Vigo, 2024) é unha novela moito máis ambiciosa como para que ficase restrinxida a un  público concreto. Sendo así que Brais Babarro Fernández (A Coruña, 1978), sempre a cando embride un pouco as rendas dunha imaxinación poderosa que por momentos ameaza con botalo fóra da estrada (ciomo lle pasa á miñaxoia de Bego, que sufre nun breve lapso de momento o que non está escrito, máis non, Brais, que me deixaches mortiño) de puro querer contar cousas e non dar parado. 

 

A cousa vai de que un día un  tornado cae riba de New Corlister, a vila onde Bego reside e estuda, Apáñaa facendo un deses traballos voluntarios tan dun país novo, como é Estados Unidos, feito forzosamente polo labor comunitario dos recèn chegados (os que xas estaba alí, como lin nun cartaz de reivindicación indixenista en Niagara Falls: “first to come, last to be served”, outra historia), nunha piscina neste caso. Onde a sorprende un terrible tornado que todo o esnaquiza ata mudar o panorama nun espectáculo digno de Cormac McCarthy. Logo a cousa pasará a Stephen King, o que non está mal digan o que digan os puretas; esa xentiña que non entende que amar a literatura é ler de (case) todo. Polo demais o que nos pinta Babarro coa idea que concebímos a partir do cinema americano cando reproduce a vida as vilas pequechiñas. E aquí hai de todo autiocinemas, máquinas agrícolas briosas, un búfalo desmandado, bailes de gradación “and so on”. 


Logo está que Bego, axudada na distancia pola sicóloga Nela que en Galicia ficara, levaba un pano coas adicatorias dos seus colegas de Muros. E o pano aparece nun morto nun dos coches que quedaran ao chou da desfeita. Imaxe semellante ´ás que vimos aí atrás no desastre de Valencia. Unha vez que atopa ao cadáver Bego segue o seu camiño, ilesa ao desalento, disposta indagar quen é Stewart Anwer, nome tatuado no brazo do mortiño. E non prosigo que o lector terá que adiviñar cousa é cousa nesta historia, ás veces confusa de máis. Pero que menos podemos e aínda debemos agardar dun tornado. Á parte de cantar “Somewhere over the rainbow”. 

 

Non, Aquí non nai cancións, iconas si, na primeira comunicación de Bego coa súa nai. Que a cousa empeza mol, ben suaviña. Pero logo… Iso.

LETRAS GALEGAS | American tale

Te puede interesar