10 de marzo 72: Detienen al delegado de Cáritas diocesanas António Martínez Aneiros (e II)

Comezou entón a etapa suave, o segundo tempo: “Claro, Vd dice que estas acciones no son comunistas porque cree que el primer comunista fue Cristo”. Creo que algo parecido a iso se pode dicir e sentir. “Pues yo entiendo que lo fundamental del comunismo es el ateismo, por eso nunca podrá compaginarse el comunismo con el cristianismo”. Non lin moito, engadín, sobre as bases do comunismo marxista, pero o fundamental do mesmo non está precisamente no ateismo senón no reparto equitativo dos bens económicos. ¿“En que entonces, en que todos seamos iguales, no?” “Eso fue, es y será siempre imposible”. “Porque sabe que en otros paises también existen diferencias, desigualdades, que no todos son iguales…“ Sí, e tamén o denunciei en moitas ocasións. “¿Qué doctrina política le parece la mejor? ¿El socialismo cristiano?. Pero ¿Cómo se consigue eso?”. Polo camiño que levan aquí dende logo non.


Nestes intres, xa foran unha ducia de inspectores os que, dun xeito ou doutro, me estiveran interrogando (...). Porque o máis sutil da tortura psicolóxica no se pode retratar con palabras. Quen pasou por ela (desde o ambiente no que eu me desenvolvía e sen máis preparación) convirá comigo nisto. (…). Entrou logo o que dicían que era o xefe do grupo especial, que chegara de Madrid (...) Desapareceron todos coma se os cubrira a noite, quedando el só comigo. “Vamos a ver si ordenamos los hechos y su intervención en los mismos ¿ Está dispuesto?”. Estou. “¿Pertenece Vd a algún partido político?. Non. “¿Cómo se explica entonces que se vea mezclado en todos los conflicto promovidos por los obreros?”. Débese aos meus convencementos de cristián e a miña responsabilidade como delegado de Caritas. “¿Conoce Vd ETA?”. Só polo que leo nos xornáis. “¿Vd cree que el problema de Bazán es exclusivamente laboral?”. SÍ. “¿Vd piensa que en este problema no tuvo una intervención directa el partido comunista.?”. Non o sei. “¿Vd orientó a algunas personas de Bazán de cómo convenía hacer o dejar de hacer, desde que comenzaron los paros o antes de empezar?” Nin se me pediu nin o fixen. “Si se lo pidieran lo haría?” Non o sei, tería que verme no caso. [Pasado un tiempo lo bajan a prevención, le preguntaron si quería hacer un pequeño historal de los hechos, uno se puso a la máquina]; Asistir ás víctimas dos disparos da policía que chegaban feridos aos sanatorios de S. Xavier e do Carme o venres pola mañá, as xestións diante do xuiz para trasladar o cadáver de Amador ao depósito do cemiterio de Catabois. Xuntanza de algúns –poucos- cregos ás dezasete horas na Domus Ecclesiae co Vicario xeral, dada a ausencia do Bispo, Xunta da directiva de Caritas ás vinte horas. Oración, de noite no cemiterio, co grupiño de persoas que acompañaban o cadáver de Amador. O sábado, enterro de Amador e funeral ás dez horas. Xestións diante do xuiz para o enterro de Daniel. Enterro de Daniel ás dezasete horas e o funeral, -no que estivera presente precisamente o mesmo inspector que me estaba interrogando-. Xuntanza ás vinte na Domus co Bispo que chegara esa tarde de Madrid e na que concretamos os puntos para preparar a homilía (chamada colectiva) lida o domingo nalgunhas igrexas de Ferrol….. “¿Declara Vd que no ha sido organizador, en todo o en parte, de los hechos que han llevado a los obreros al enfretamineto con los fuerzas del orden?” Declaro que non fun organizador. (Como aclaración, a día de hoxe, dicir, que a homilía colectiva, artellada por un pequeno grupo de cregos na Domus e que o Bispo tamén fixo súa, fómola acabar de redactar e imprimir a media noite na multicopista que tiñamos en Cáritas). Rematado a declaración, algo que xustificase para eles o seu traballo, ás dezanove trinta fun levado diante o xuiz, esposado, que decretou a miña liberdade.


[Dos días después] Chamaron de novo á porta entraron dous inspectores dicíndome que debía acompañalos á comisaría porque quedaran pendentes unhas cuestións. Pretendín chamar por teléfono ao Bispo pero dixéronme que en todo caso podía facelo desde a mesma comisaría. Cando chegamos, metéronme en prevención de novo. Como me encontraba sen ter descansado e co sistema nervioso alterado por tódalas peripecias pasadas, o decaemento foi pouco a pouco apoderándose de min ata facerme insoportables as dores de cabeza que sentía. Tomei un calmante (sempre levaba algún no peto) e como a cousa non melloraba, ás doce tomei outro. Máis tarde pedín para falar co Bispo e tamén que me vise un médico. Alá polas dúas subíronme a onde se encontraba o médico, Rey Romalde, preguntou quen me trataba e díxenlle que era o doutor Goas Chao, contestando él que era mellor avisalo. Non tardou máis de media hora en presentarse Goas, ordenando o meu ingreso no hospital. Recolleume unha ambulancia que me levou ao centro hospitalario. Eu sentíame bastante mal. Alí estaba vixiado por dous policías uniformados que tiñan orde de que non pasara ninguén a verme. Sobre as nove da tarde, dixeron de comisaría que podía pasar o Bispo e o vicario e meus pais... o día seguinte ás dezaseis horas chegaron dous inspectores: “parece que ya le dieron el alta, vístase y acompáñenos... Alí estaba un cabo da policía ... foi quen fixo correr o bulo de que eu me quixera suicidar con barbitúricos, incluso mo dixo el a min mesmo ... subíronme á oficina de pasaportes chegaron co papel da sanción, 250.000 pts. Pedín para falar co Bispo e non mo permitiron, co vicario e tampouco.


Quizá sexa aquí onde convén deixar reflexado que un crego do OPUS foi ata a Domus Ecclesiae para aclarar as cousas, segundo el: ‘Que eu non estaba preso’ (era certo porque ía camiño do cárcel), ‘que Pepe Sobrino –médico- me vaciara o estámago porque estaba intoxicado’. Alguén se encargou de facelo calar dicíndolle que metera a lingua no peto.


Sobre as seis da tarde ... metéronme no coche celular da garda civil con outros dous traballadores de Bazán (Romero e Montero) e marchamos cara o cárcere da Coruña. No camiño ... entroume un mareo insoportable e abríame a vómitos. Pararon o coche, e baixei para tomar un pouco o aire. Outro pouco máis adiante, voltaron a parar, e un dos gardas foi a un bar buscarme unha manzanilla. Sentoume ben e chegamos á prisión sen máis mareos. Na entrada rexistráronnos enteira e completamente. Deixamos alí chaves, diñeiro, papeis, et. Pasamos a dentro e metéronnos aos tres nunha cela para pasar o período regulamentario de tres días incomunicados. Puiden durmir algo aquela noite. Serviume de moito a compañía dos outros dous compañeiros que ían comigo”.


En la cárcel estuvo hasta el día 30 que lo trasladaron al convento de Sobrado de los Monjes, desde el día 25 compartió celda con el párroco de San Juan, Anxo F. Currás.

10 de marzo 72: Detienen al delegado de Cáritas diocesanas António Martínez Aneiros (e II)

Te puede interesar