O animalista é un home que desde o seu sofá, defende a vida e os dereitos dos animais. Non gusta das corridas de touros e desfruta diante do televisor cando ve unha familia de porcos bravos paseando polas rúas das cidades. Antes comía polo, bos bistés de tenreira, costeletas de porco e o que fora. Agora non. Coherente coa súa ideoloxía, o animalista fíxose vegano. Come vexetais e froita, moita froita. Mais un día, a súa crenza veuse atacada pola falta de froita e vexetais comestibles. Qué pasou? Pois sinxelamente, que os terroristas da noite, os porcos bravos, atacaron os cultivos e fixeron grandes buracos que deixaron as raíces das árbores ao descuberto. As árbores esmoreceron e acabáronse as mazás, as peras, as laranxas... Entón o animalista fíxose herbívoro e resistiu como puido, compartindo os pastos cos seus amigos os animais ... ata que unha praga de lagosta acabou con toda a herba do mundo. E o animalista morreu de fame... E a vida tornou a nacer desde cero