Contra o odio: contestación social (II)

Máis a pesar de que este fenómeno do racismo o cal, é un fenómeno novo, creado in extremis polos europeos na suas conquistas de África e América e digo creado, porque em primeiro lugar nom existen na humanidade diferentes razas entendidas como tal. O que ha e diferentes caracteres biolóxicos, froito sobre todo do clima. A raza humana é unha e toda proveñe do corno de África desde o austrolopithecus ata o sapiens actual.


A pesar de que as coductas aporofóbicas van a máis, pola contra os estudos demostran, que a vida de migrantes as nosas sociedades, so trae beneficios de diversa índole, sendo eles un item importante, non so na economía local ou nacional do país, senón tamén a nivel mundial, debido as remesas aos seus lugares de orixe. Mais neste punto cabe sinalar, se os estudos inclúen, as traballadoras cualificadas e altamente cualificadas, que son desde fai uns anos, as migrantes que máis están vindo cara a occidente e como esta vida esta a mermar, o desenvolvemento dos seus países de orixe. Porque aánda que a día de hoxe, a man cualificada, é a mais buscada por occidente, sobre todo nos países anglosaxóns, xa que aporta coñecemento, talento etc., a man de obra con menos cualificación, tamén esta a fazer crecer, os países ali onde se asenta. Isto debese, a que este grupo de obreiros, está a realizar, os traballos que os nativos nom queren.  Tamén está a conseguir, que moitas mulleres, as cales, por desgraza a día de hoxe, son as que fundamentalmente ocúpanse dos cuidados na familia, podan voltar antes ao traballo de portas para fora, grazas as coidadoras migrantes. Tamén debemos saber, que esta ocupación dos postos que non son desexados polos traballadores nativos, ao estar ocupados por migrantes, está a xerar, que as traballadoras locais opten por traballos, onde se necesitan máis coñecementos.


Se todo isto nom fose pouco, outros estudos do FMI demostran, que por un aumento do 1% da poboación migrante no país, a economía, o PIB por persoa, aumenta o dobre debido sobre todo ao aumento da produtividade que trae consigo, a vida de migrantes. Cabe sinalar, que en ditos estudos demostrase, que os migrantes pouco cualificados, melloran os ingresos pro medio do 90% da poboación, en contra da falsa crenza xeralizada, de que os diminúen ou conxelan.


En definitiva a migración so trae beneficios ao conxunto de países que a reciben. Mais aínda que é certo, que unha gran parte dos migrantes, por desgraza, están sen papeis, están de xeito ilegal, as cidades deben ter maior competencia neste tema e fornecer igualándolos en dereitos coas comunidades nativas, priorizar
o aprendizaxe do idioma por parte delas, favorecer e ensinar as técnicas de busca de emprego, dar legalidade a todas as persoas que se atopen nos territorio, recoñecer as acreditacións dos seus CV e axudalos a prepararse no relativo ao laboral. Asemade, dotalos de coñecementos para a creación de cooperativas, xa que, na moda o arte (exemplo a talla) e outros oficios, moitas deles sábense mover perfectamente.


Xa para rematar, é fulcral que os gobernos actúen cara a integración plena dos emigrantes nas nosas sociedades, onde este colectivo teña igualdade en tódolos eidos: Desde o bancario ao mercado laboral formal, ao autoemprego como dixemos antes, aos recursos sanitarios, ao transporte, á educación, a unha vivenda en condicións, que poidan acceder aos espazos públicos como colectivo, a súa participación política e social nos nosos barrios e comunidades, favorecer a comunicación coas persoas queridas nos seus lugares de orixe ect...


Remato con dous cousas:  As cidades, os nosos barrios, debemos favorecer o encontro entre as comunidades nativas e as comunidades de migrantes. Que eles poidan expresar a súa cultura e nós participar dela, e nós expresar a nosa e eles se queren, tamén participar dela. Isto xunto coa educación nas escolas desde as primeiras idades, será o verdadeiro factor que faga, que a estigmatización dos migrantes vaia pouco a pouco desaparecendo.


Sendo hoxe 14 de decembro, dia do migrante, que máis acaído, que coñecer este poema (Contra a Indiferencia) adxudicado por error a Bertold Brecht e parafraseado por unha persoa anónima. Fago un corta e pega.


“Primero fueron a por los sin papeles, pero como yo tenía documentación, guardé silencio; después vinieron a llevarse a los sin techo y no dije nada, porque no duermo en la calle; después vinieron a buscar a los musulmanes, pero yo no tenía esa religión y miré a otro lado; después vinieron a por todos los inmigrantes y no protesté porque yo estaba en mi país; finalmente, se llevaron a gais, judíos y demócratas, tampoco reaccioné pues pensé que no era mi problema, y cuando vinieron a buscarme no había nadie que pudiera protestar.”            


Martin Niemöller ( Pastor Luterano Alemán)

Contra o odio: contestación social (II)

Te puede interesar