A idea do amor, o seu significado xunto coas súas relacións, foi moi variante dependendo do momento histórico no que nos atopáramos. O amor non é mais que unha construción cultural, que non é innata á aparición como animais humanos, se non que, con toda probabilidade é unha conduta aprendida, froito da necesidade nun momento dado da especie, para non desaparecer como tal.
É posíbel que nos primeiros tempos da nosa aparición no planeta, os animais humanos copulabamos como os demais mamíferos. Explícome: Os machos tiñamos a capacidade de detectar o celo das femias e daquela posiblemente nos apareáramos, para deste xeito seguir perpetuando a especie. Cabe sinalar, que a función primordial do sexo é a reprodución. Para iso apareceu na nosa bioloxía e como recompensa de levar a cabo o acto sexual, está o pracer final e con el, a sensación de benestar seguinte.
Dito isto, con toda probabilidade ao principio da nosa andaina neste planeta, os machos e as femias so se xuntaban cando estas estaban reticentes ao acto. Unha vez feita a cópula, o macho que en maior medida era o cazador, aínda que estase a comprobar, que as mulleres non so cazaban, se non que tamén dirixían a caza en moitas culturas, sacaríase do medio, tal vez si, tal vez non, co cal, o xénero femenino cargaría con toda o peso da relación. É dicir, se a copula chegara a bon fin, a muller sería a encargada de manter ao novo membro, si o home non permanecía ao carón dela. Por outro lado, o baixo éxito de fecundacións que termos os humanos, xunto co anterior, nun momento dado debeu por a especie en perigo de extinción. Mais como a natureza é sabia, o que pasou, é que as femias cambiaron a súa bioloxía. Aclaro, nun momento dado da nosa historia, o macho deixou de ler os signos que delataban as femias en celo, co cal, non tivo máis remedio que xuntarse a ela, se quería seguir perpetuando os seus xens.
Isto sen lugar a dubidas, son teorías, iso si, moi potentes, máis nom temos xeito hoxe en dia de refutalas.
Nese momento, é sen lugar a dúbidas, cando aparece o amor em estado primitivo.
Explicado isto do amor e voltando a actualidade, é a partir de finais do século XVIII e principios do século XX, cando o amor romántico, empeza a coller forza e sobre todo, nestes derradeiros 70-80 anos, é a base das unións-matrimonio e sexualidade. Parece, que si non hai amor, non hai nada do demais. Isto que é máis proprio da cultura occidental, a día de hoxe “grazas” aos mass media, está xa imposta, en case todo o planeta.
Segundo diferentes estudos, existen diferentes tipos de amor, máis o tipo que domina na nosa sociedade, é o denominado “Eros” que se caracteriza por ser, fortemente pasional e sentimental, moitas veces tamén con rasgos de “Ludus”. Este caracterízase, por fortes celos e control xeralmente do home sobre a muller. Nesta clasificación que fan diversas psicólogas sobre os tipos de amor, a maiorías das psicólogas, recoñecen que a mellor relación dunha parella, perdoade que non os nomee e explique todos, xa que, non é o motivo deste artigo, é o denominado “Storge” que caracterizase e permitirme que faga un copia-pega: Amor amizoso, caracterizado por un compromiso duradeiro que se desenvolve lenta e prudentemente e por compartir actitudes e valores; basease na intimidade, amizade, compañerismo e cariño e busca máis un compromiso a largo prazo que un apasionamento a corto prazo”.
As mulleres desde o tempo das covas ata hoxe en día, pasaron por diferentes paradigmas, estes dependentes do momento histórico no que se atopaban. Fai moitos anos que, as mulleres foron desvalorizadas como individuos, sendo relegadas a tareas inferiores, sobre todo na escala social, en comparación cos homes. Con certeza, que houbo culturas onde isto non se daba, mais é moi posíbel, que a relixión, tivese moito que ver, con esta minusvalorización. Na seguinte etapa, a muller é idealizada. Todo home tiña que ter unha muller, pola que loitar (en España temos o mítico caso do Quijote) máis a muller seguía sendo socialmente relegada, as mesmas funcións de portas para dentro do fogar e salvo determinados e puntuais casos, sen recoñecemento das súas enormes potencialidades, para fazer avanzar á humanidade. Nos derradeiros anos, estamos a ver como consecuencia da entrada da muller na cadea de produción, é dicir no traballo, entrada que ha que sinalar, foi dada pola necesidade da economía nun momento determinado, das nosas sociedades capitalistas, xa que, no marxismo o rol da muller en relación co rol do home, estaba mais igualado, debido a que isto, é un dos obxectivos prioritarios, a conseguir polos estados socialistas. Agora ben hai que sinalar que a gran Simone de Behavouir, quedou un pouco desilusionada, na súa etapa de vida, na antigua URSS, xa que ela pensaba, que o marxismo conseguira eliminar de todo, a desigualdade entre homes e mulleres. Máis voltando ao anterior, coa entrada da muller no mundo laboral, “en todas as esferas produtivas”, o que fixo é primeiramente, que a muller, xa non necesitase do home para poder vivir, fazéndoa totalmente independente e fazendo como é normal, que ela mesma empezase a ser, quen tome as decisións importantes sobre si mesma, as cales son as que van a marcar, a súa etapa neste planeta. Por outro lado grazas a esta emancipación, a muller empeza a conseguir outros dereitos, ata aquela negados, pola sociedade patriarcal.