Onde deixamos a empatía? (e II)

As emocións, nom son mais que sentimentos que poden se negativos ou positivos, dependendo dos feitos. Todas cando alguén ven a xunto nós, a falar mal de un boa amiga, a todas prodúcenos unha reacción, que activa o nos estado psicolóxico. Isto non é máis, que produto da emoción, o sentimento, xa que grazas a natureza, somos seres emocionais. O dito “non sexas emocional se racional”, nom é máis que deshumanizarnos como persoas, xa que o contrario de ser emocionais nom é a racionalidade. O contrario é a insensibilidade, é a indiferencia. E en isto está moi interesado o sistema económico actual.
Esta compresión dos sentimentos dos demais de xeito directo, grazas as neuronas espello, é propria das especies animais, que viven en maior ou menor medida complexas relacións sociais.


E conto isto da importancia da empatía, as emocións ou as neuronas espello, con maior ou menor acerto, xa que nestes momentos da vida, estamos a comprobar como os -as políticas dominantes do sistema, os que cortan o bacalao aki en occidente para os seus patróns, os cales, nom somos nin ti nin eu, a pesar, de que si somos nós, quen os- as poñemos no cargo, son seres totalmente deshumanizados, insensibilizados a calquer tipo de dor alleo, son auténticos e auténticas psicópatas, faltos de todo xeito de empatía, de compasión polo semellante, como estamos a ver coa barbarie que esta a levar o sionismo israelí co povo de Palestina. Povo que leva máis de 75 anos, sendo tratados como auténticos  animais, depoxados de todo valor como persoas, polos diferentes gobernos de Israel.


E sendo certo, que a barbarie, a crueldade, o afán de depredar, son características humanas, como di Chomsky, nom é menos certo, que a colaboración, o entendemento, a axuda, a solirariedade, o apoio a compartición, tamén son características humanas e con certeza, sen elas non conseguiríamos sobrevivir como especie, ata o día de hoxe.


É indubidábel que o sistema occidental de vida, o sistema económico mundial, está a fazer, que desapareza todo tipo de empatía e predomine o individualismo, a busqueda do pracer individual a calquer prezo. En definitiva a deshumanización da sociedade.


Erich Fromm psicoanalista, pai do psicoanálisis humanista, dicía ala polos anos 60 do século pasado: “Os principios da sociedade capitalista e os principios do amor son incompatíbeis” Postulaba, que a sociedade capitalista crea persoas alienadas de si mesmos, persoas tullidas, a quen roboúselles a súa humanidade.
Posto que a premisa capitalista, da máxima acumulación da riqueza en mans de uns poucos e a busca custe o que custe do máximo beneficio, está a fazer, que nesta vida todo sexa mercadoría, incluso as persoas( capital humano), meténdonos nunha loita a todas nós pola competición, polo triunfo do individuo sobre o colectivo, favorecendo a deshumanización do individuo.


E isto é o que esta a pasar a dia de hoxe en Gaza. Os mesmos que atacan con dureza a Rusia polo conflito con Ucraína, sendo este conflito totalmente diferente quer no seu orixe, causas e paridade de medios bélicos entre os involucrados, son os- as mesmas, que xustifican ao sionismo israelí e culpabilizan ao povo palestino.  Un povo onde occidente esta a colaborar na deshumanización de varios millóns de persoas, que levan mais de 75 anos vivindo nunha cárcere a ceo aberto, indo os-as máximas representantes occidentais, a sacarse a foto co psicópata de Netanyahu e apoiando sen fisuras, a masacre que está a cometer o sádico sionista, coas civís palestinas.


É curioso escoitar as políticas-os, tertulianas-os condenando a barbarie de Hamas (con certeza que a foi) e non dicir nada, da barbarie que levan anos soportando o povo palestino, de mans de Israel. Onde estaban todas-os este eméritos da pluma e do micro, cando o exercito sionista de Israel, mataba tódolos días, ducias de civís palestinos, a maior parte nenas e mulleres, que ían tódolos venres aos pasos fronterizos, a protestar pacificamente, onde estaban cando os francotiradores mataban as-os medicos, que ian socorrer a estes civís feridos, como está a pasar desde fai un anos ect....


Remato, fai 35 anos Joe Biden dixo que “Nada de pedir perdón. O estado de Israel é a mellor inversión exterior dos EUA e que si nom existise teríamolo que inventar”.


Porque ao final, é esta avarienta acumulación de riqueza, e as relacións capitalistas entre países, as que anulan sociedades xustas, empáticas e solidarias.


“Palestina es el símbolo vivo del crímen mas grande de nuestra época” Fidel Castro Ruz (Frase do discurso em 1979 na ONU)

Onde deixamos a empatía? (e II)

Te puede interesar