O programa de dinamización lingüística Nadal en Rede, da Xunta de Galicia, propón este domingo, ás 12.00 horas, a actuación de Xarope Tulú na Casa da Cultura de Pontedeume.
A compañía interpretará “Meco e sono”, unha peza teatral dirixida á primeira infancia, é dicir, para nenos e nenas que teñan entre 0 e 3 anos. Trátase dunha proposta combina o conto coa creación sonora en directo, co obxectivo de acompañar ás familias na crianza amorosa e ademais, en galego. Este espectáculo ofrécese, á marxe doutros que inclúe o programa, ao longo deste mes de decembro, en catro puntos da Comunidade, entre os que nesta edición se atopa tamén o concello eumés.