Cinco libros en galego para ler no Día das Letras

Cinco libros en galego para ler no Día das Letras
Captura de Pantalla 2024 05 13 a las 12.38.20

Achégase o Día das Letras Galegas, e unha das mellores cousas que se pode facer, ademais de felicitar a data e disfrutar o festivo, é celebralo con propiedade: lendo libros en galego. Por iso en Tendencias seleccionamos cinco títulos na nosa lingua, aptos para tódolos gustos e idades. 

 

¡A disfrutar lendo!

 

  1. Cantares gallegos (Rosalía de Castro) 
    Rosalía de Castro (1837-1885) é a voz máis emblemática da nosa literatura, símbolo do Rexurdimento cultural no século XIX, e Cantares gallegos, publicado por vez primeira o 17 de maio de 1863, representa o primeiro gran paso cualitativo cara á madurez poética de Galicia. Inspirada nas raíces do seu pobo, nos ritmos e fórmulas tradicionais, na fala viva, nos costumes e nas xentes que a autora sentía arredor de si, este libro vai máis alá e encarna, dende sempre, a esencia máis íntima do sentimento galego.
  2. Memorias dun neno labrego (Xosé Neira Vilas)
    “Eu son… Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”. Así comeza un dos clásicos da literatura galega, escrito por Xosé Neira Vilas en 1961. Unha das reedicións máis recentes, de Galaxia, é unha novela gráfica ilustrada por Iria Aldegunde. 
  3. Fariña (Nacho Carretero) 
    Un libro secuestrado por orde xudicial e baseado na orixe e idiosincrasia do narco en Galicia, que deu lugar a unha exitosa adaptación en forma de serie televisiva. ¿Alguén dá máis? O xornalista Nacho Carretero propón un percorrido polas rías galegas, escenario do nacemento e crecemento dunha rede de narcotráfico que acadou o seu punto álxido na xeneración de Sito Miñanco ou o clan dos Oubiña. A edición en galego é de Xerais. 
  4. Basta! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (Marion Le Muzic e María Kronsky) 
    Hércules de Ediciones presentou este ano unha colección de libros sobre igualdade e feminismo en galego, entre os que se encontra "Basta! Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis…)". Este innovador cómic, creado por Marion Le Muzic e María Kronsky, e traducido ao galego por Raquel Senra, ofrece ás máis novas ferramentas esenciais para identificar e combater comportamentos machistas no seu día a día.
  5. Minilibros imperdibles (autoría variada) 
    Quen ten nenos e nenas pequenas sabe que os minilibros e libros de Kalandraka sempre son unha boa opción. O coelliño branco, A galiña roxa, os Chibos chibóns, A casa da mosca chosca, A ratiña presumida, Garavanciño e O poliño da abeleir son títulos básicos que forman parte desta recompilación en formato minilibro, moi cómoda para viaxar ou saír de casa. 
     

Cinco libros en galego para ler no Día das Letras

Te puede interesar