A Frouxeira foi plató por unhas horas para un vídeo promocional

A Frouxeira foi plató por unhas horas para un vídeo promocional
Foto de familia, xunto á caseta de socorrismo do areal, dalgúns dos participantes na rodaxe | Emilio Cortizas

A praia da Frouxeira foi escenario este xoves pola tarde da rodaxe dalgunhas das escenas do novo vídeo promocional que prepara o Concello sobre a localidade, unha peza audiovisual que verá a luz de maneira oficial o vindeiro venres 23 de agosto ás 22.30 horas na Porta do Sol.


O executivo local facía un chamamento nos últimos días para que os veciños e veciñas que quixeran colaborar acudisen ao areal –ataviados con determinada indumentaria– e arredor dunhas 40 persoas –a meirande parte delas, mulleres– responderon á petición, dispostas a ser parte dun proxecto que ten á fronte ao realizador local Álvaro Núñez

 

Grabacion3 video A Frouxeira Emilio Cortizas
Emilio Cortizas

 

A idea de realizar un novo vídeo, explica a edila de Turismo, Rosana García, xurdiu ao contar co apoio económico da Xunta de Galicia e Abanca –a través da liña de axudas ao Pantín Classic como Festa de Interese Turístico de Galicia, duns 4.000 euros–. “O alcalde sempre leva por bandeira que o recurso máis importante que temos en Valdoviño é a natureza, e dentro dela, o mar”, indica a concelleira, engadindo que no vídeo se remarcará “non soamente o surf, senón que hai moito máis, facendo fincapé na tradición”. 

 

Así pois, baixo a premisa “Hidrolatrías. Valdoviño un paraíso ligado á auga”, Núñez tratará de destacar a importancia do mar no devir da localidade. “Xa traballamos con el noutras ocasións. O anterior vídeo promocional xa foi obra súa, cando aínda estaba rematando de estudar”, comenta a responsable municipal. 

A Frouxeira foi plató por unhas horas para un vídeo promocional

Te puede interesar