A Banda da Loba leva esta tarde a Fene o seu espectáculo musical “Bailando as rúas”

A Banda da Loba leva esta tarde a Fene o seu espectáculo musical “Bailando as rúas”
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-ef913cb0

A música será esta tarde a protagonista en Fene co concerto que a partir das 20.30 horas ofrecerá A Banda da Loba no local da SCRD O Pote. A actividade, enmarcada no programa de Nadal do municipio e incluída na Rede de Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, está organizada desde a Concellería de Cultura que dirixe Rocío Bértoa. A entrada será totalmente libre e gratuíta.

O grupo está integrado por cinco mulleres, entre as que figura a ferrolá Xiana Lastra, que pon a voz á formación. Andrea Porto (guitarra e baixo), Inés Mirás (guitarra e teclado), Marcela Porto (percusión) e Estela Rodríguez (violín) completan unha banda inmersa de cheo na presentación do seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”.

Temas
A creación dun repertorio propio baseado en letras das súa autoría e a musicalización de poemas de célebres autores así como de poetas contemporáneas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra caracterizan un traballo que está a recibir unha gran resposta por parte do público e da crítica, acadando xa algún premio.

Neste primeiro disco, o grupo bebe de diferentes estilos, como o pop, o rock ou o folk, ofrecendo así un traballo ecléctico para o que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras.

A Banda da Loba leva esta tarde a Fene o seu espectáculo musical “Bailando as rúas”

Te puede interesar