Culpables

Aquí non se libra ninguén da culpa da situación na que estamos coa falta de goberno, porque imos ver: Culpable Rajoy, que nunha xogada retranqueira e renarte, fíxolle un desaire a El Rei e renunciou a intentar formar goberno, culpando ao PSOE e aos outros, da falta de apoios a unha investidura que non intentou. Culpable Sánchez, que pactou con Cidadáns, poñéndolle en bandexa a Podemos a desculpa para o seu voto negativo e, tamén culpables Podemos e Cidadáns, pola súa intransixencia. No que respecta aos partidos nacionalistas e separatistas, posiblemente sexan os menos culpables, porque están ao deles e interésalles que isto se complique; outra cousa é que acerten coa súa estratexia. En resumen: para Rajoy culpables todos os que non o apoiaron; para Sánchez, culpables todos os que votaron non; e para os electores, culpables todos eles. Mais para min, os verdadeiros culpables somos os electores, que parece que non sabemos o que queremos. Unha peniña, non si?
 

Culpables

Te puede interesar