Xornadas divulgativas sobre o alzhéimer no local social de Piñeiros

Co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con alzhéimer, retrasando o avance da enfermidade e procurando dar un repiro aos seus coidadores, o Concello de Narón e a Asociación de Familiares de Enfermos de AlzhÉimer (AFAL) colaboran na organización de varias actividades.
A primeira delas terá lugar esta mesma tarde, ás 20.00 horas, no local social de Piñeiros. Alí, persoal da asociación impartirá unha charla informativa aberta a todas as persoas interesadas na que se abordarán os síntomas da enfermidade, a súa evolución, terapias, etc.
Tamén se dará conta dos obradoiros gratuítos de estimulación cognitiva para persoas afectadas que comezarán o vindeiro mes de outubro no municipio.
Terapias
Nestas accións, persoal especializado impartirá unha serie de terapias de psicomotricidade e psicoestimulación, entre outras, para impulsar a capacidade residual das persoas afectadas e co obxectivo de retrasar a evolución da súa enfermidade.
Os interesados en apuntarse nestes obradoiros poden facelo chamando ao número de teléfono 981 370 692. As sesións terán lugar tamén no local social de Piñeiros, dous días á semana e durante dúas horas cada xornada. l

Xornadas divulgativas sobre o alzhéimer no local social de Piñeiros

Te puede interesar