Do intolerable

Tendemos a pensar que a defensa do ben común é unha postura xeral que obriga a todos e que todos, con escasas excepcións, cumprimos escrupulosamente. Defendemos con rotundidade que o Patrimonio Cultural debera ser defendido con unllas e dentes, e que as Institucións deberan velar polo estrito cumprimento da salvagarda das obras dos nosos grandes artistas. Pero semella que hai quen entende que a eles non lle obrigan as leis, e actúan só en beneficio propio. Persoas que aplican aquilo de a pela é a pela, e sacan obras de arte sen declarar e que son vendidas fóra do pais para evitar pagar impostos. É coñecida a afección dalgúns a considerarse por riba da lei, e membros dunha clase superior a salvo de calquera circunstancia que afecte ao común dos mortais. Pero se ademais a actuación inadecuada afecta a un Goya, e os protagonistas son Esperanza Aguirre e o seu home, nun momento no que exercía de Presidenta da Comunidade de Madrid, Membro do Patronato do Museo do Prado, e que para máis inri tamén fora Ministra de Cultura uns anos antes, polo tanto máxima responsable da defensa e salvagarda do patrimonio cultural de todos, a cousa adquire cualificacións que non permiten nin xustificacións nin defensa. Resulta de todo punto intolerable o relato dos feitos que fomos coñecendo e sinala directamente a Aguirre, porque foi feito con nocturnidade e aleivosía, sabendo o que facía e con vontade de lucro e de evadir impostos. Tivo unha actitude indecorosa. Que o peso da Lei e o manto do esquencemento caia sobre ela. Quen non cumpre coas súas obrigas de garda e custodia que lle van no cargo, non merece máis que estar na historia da incoherencia e da indignidade.


Sucede ás veces o verso necesario –dixo El– ante o fragmento lacerante de agardarte. Sucede na pulsión efémera, e respiramos no equilibrio acompasado de sentirte…

Do intolerable

Te puede interesar