Fene, Ares e Cabanas prevén que o punto limpo funcione este ano

Fene, Ares e Cabanas prevén que o punto limpo funcione este ano
Juventino Trigo, Carlos Ladra e Julio Iglesias, tras a sinatura do convenio e a visita posterior ás instalacións | césar galdo

Os alcaldes de Fene –Juventino Trigo–, Ares –Julio Iglesias– e Cabanas –Carlos Ladra– asinaron onte o convenio de colaboración polo que compartirán as instalacións do punto limpo de Vilar do Colo. Os tres municipios repartirán os custes en función da súa poboación, de modo que Fene asumirá o 58,57%; Ares, o 26,53%; e Cabanas, o 14,9%. O seguinte paso será a licitación do servizo, que sairá a concurso por un prezo estimado de 69.058 euros. Será Fene quen se encargue desta tramitación e tamén do paso dos recibos correspondentes ás outras dúas administracións. A previsión é que no últimio trimestre do ano poida estar funcionando a instalación.


“Supón o último paso que temos que dar todos os concellos implicados para poder pasar á licitación xa e que o punto limpo se poña a funcionar nos próximos meses, que é no que temos interese desde hai anos”, apuntou Trigo logo da sinatura e da visita ao punto limpo de Vilar do Colo.


O espazo está rematado desde o ano 2013 pero as tentativas de poñelo a funcionar non deron froito ante a complexidade administrativa dunha xestión compartida. Ao modelo común de Fene e Cabanas, impulsores e propietarios do punto limpo, uníronse Ares, Mugardos e Neda, aínda que finalmente só o primeiro deles ficou e seguiu adiante co proxecto.


“Desde el primer momento dijimos que sí y hoy vemos culminado el esfuerzo”, explicou o alcalde aresán, Julio Iglesias, quen subliñou ademais a importancia do punto limpo para evitar verquidos incontrolados en espazos naturais e o axeitado tratamento dos residuos.


Tamén é importante o aforro que prevén o conxunto dos concellos no tocante á recollida de voluminosos, xestionado agora pola Mancomunidade dos concellos da ría de Ferrol. Para concienciar aos cidadáns realizarán campañas de información e sensibilización.


“Es un beneficio para la ciudadanía que esperamos que a final de año podamos tener operativo”, apuntou Carlos Ladra, rexedor local de Cabanas, para quen é tamén importante reseñar a capacidade de colaboración de distintos municipios.

Fene, Ares e Cabanas prevén que o punto limpo funcione este ano

Te puede interesar