Xaime Fuentes Arias ( Ourense,1965), con estudos no Instituto de Formación Porfesional Chamoso Lamas e na Escola Superior de Artes Aplicadas Antonio Failde, entre outros e cunha ampla traxectoria expositiva dende 1993, ofrece en Bomoble( C/Nuestra Sra del Rosaio,11) a mostra “VACÍOS FÉRTILES”, que inclúe pintura e escultura. O seu plantexamento estético é claramente abstracto, se ben en dúas direccións opostas; pois mentres na pintura decántase por un uso libre da mancha, na liña do tachismo e do informalismo, as súas esculturas están rexidas por composicións de rítmicas liñas xeométricas, aínda que non suxeitas a cánones estrictos.
O tema central da exposición lévanos a idea taoista, manifestada por Lao Tse, no seu libro “Tao te king”, de que” só o vacío é útil”. Así o artista, cando traballa sin idea preconcibida, enfróntase co baleiro do soporte i este actúa como a terra sin sachar, aínda erma, ata que a man fai nela sucos o camiños violáceos, nos que agroman expansivos froitos bermellos, como se pode ver no cadro que abre a mostra. A veces, a mancha parece compor siluetas antropomorfas de danzarinas rosáceas; outras veces vemos nacer aéreos pétalos brancos sobre unha fronde de verde-carmín ou aboian como aéreas e lixeiras nubes sobre masas amarelas que cobren o espacio celeste. Hai unha serie de pequenos cadros nos que os trazos signicos e manchas soltas en negro, marelo, verde dialogan co fondo branco, creando suxerencias de siluetas animais, de ramaxes ou de espalladas copas de árbores. Non obstante, aínda que nista tendencia ten moita importancia o impulso espontáneo do chorreo e do xesto, mesmo do azar, e, alén das insinuacións formais que variarán, segundo o espectador, Xaime Fuentes procura ter un cuidado control do peso das manchas e dos contrastes e das armonías da cor.
En canto ás esculturas están feitas con pranchas, aramios e tubos de ferro soldados e pintados de negro. O uso do metal de ferro, que foi iniciado por Julio González, a inicios do século XX, tivo en Chirino, Oteiza, Chillida e Serrano a algúns dos máis ilustres escultores, que abriron camiños, como os que agora transita X. Fuentes. Crea este configuracións en base a unha xeometría irregular, na que prima o rectilíneo.
Son pezas artelladas segundo unha certa ortogonalidade , en liñas abertas a direccións diverxentes, con un punto de saída ou de apoio na base, e, dende aí ábrense no espazo en ritmos diagonais ou angulares e verticais, creando ocos que son como fiestras polas que pode coarse a luz e o aire. e polas que pode viaxarse cara o alén. A percura da lixeireza, que sustitúa á gravidez das masas, e dun espazo libre e vacío é uha constante da escultura contemporánea e tivo na chamada desocupación de Oteiza unha das súas máximas expresións. O retorno á natureza polas vías das formas orgánicas e das xeométricas é outra constante que, servíndose de unidades formais repetidas, atopa dinámicos edéns nos “VACÍOS FÉRTILES” de X. Fuentes.