A finalización das festas de Nadal e o conseguinte regreso ás aulas marcan a programación cultural da Agrupación instrutiva de Caamouco, en Ares, polo que a organización retoma a iniciativa dos obradoiros de filosofía.
Inaugurado o ano 2025, estes encontros estrearán a nova tempada o venres, ás 19.00 horas, no edificio da Tenencia. Nesta ocasión, o tema central e título da xornada é “Pensar”, unha proposta que estará conducida por Tomás Cardeña. Trátase dunha actividade que se ofrece totalmente de balde e as persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente contactando a través do teléfono 617 349 252.