O alcalde de Cedeira invita á Xunta a coñecer o Castro Sarridal

Remitiuse unha carta ao conselleiro de Cultura para continuar coa investigación da zona arqueolóxica
O alcalde de Cedeira invita á Xunta a coñecer o Castro Sarridal
O castro data da Idade do Ferro | EMILIO CORTIZAS

O pasado venres facíase pública a misiva que, Pablo Diego Moreda Gil, alcalde de Cedeira, lle enviou ao novo conselleiro de Cultura, José López Campos para invitalo a visitar o xacemento arqueolóxico do Castro Sarridal.


O emplazamento enmárcase na segunda fase da cultura castreña, entre os séculos V-II a.C. ata a etapa galaico romana, en torno aos séculos I-II d.C. Ten unha estructura destacable, os “Monumentos con Horno”, que están enterrados –total ou parcialmente– adicados aos baños de vapor. 


As escavacións que se fixeron no territorio, ademais de descurbir a sauna coa súa pedra Formosa datada do 230 a.C. permiten desfrutar de estruturas defensivas e habitacionais que “demostran que o enclave estivo poboado dende o século IV a.C ata o II d.C”, comentan dende o órgano rexedor.


O edil cedeirés deixa constancia na carta de que “toda a corporación estaría encantada de recibirlle para amosarlle in situ a excelencia e particularidade deste tesouro”. A motivación principal da comunicación sería continuar co traballo que “con tan bo resultado comenzou no ano 2017”, aseguran dende o Concello.

 

Conxunto patrimonial


Como recorda o rexedor cedeirés, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia vén colaborando co Concello dende fai sete anos na escavación deste xacemento, a través da promoción de diferentes campañas arqueolóxicas.


Moreda Gil abunda “nas vantaxes que ten o Sarridal por estar en terreos de propiedade municipal, por ter un acceso fácil para os visitantes e por estar moi preto do Castelo da Concepción, co que forma un conxunto patrimonial de gran valor”.


Esta edificación está situada sobre o porto pesqueiro da vila, o que lle otorga unha situación privilexiada como mirador. Dentro do castelo pódese atopar un Centro de Interpretación no que se recolle información propia e tamén do castro.


Así, a misiva remitida ao conselleiro expresa o interese do goberno local por continuar co traballo iniciado fai case unha decada debido a que os “suficientes elemetos patrimonais atopados invitan a apostar pola posta en valor do xacemento”

O alcalde de Cedeira invita á Xunta a coñecer o Castro Sarridal

Te puede interesar