As obras do CIFP Fraga do Eume estarán rematadas este outono

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, supervisou onte o desenvolvemento dos traballos
As obras do CIFP Fraga do Eume estarán rematadas este outono
Visita do conselleiro ás instalacións | Xunta

As obras de ampliación do Centro Integrado de Formación profesional Fraga do Eume estarán rematadas en outono e avanzan a bo ritmo tal e como confirmou onte na súa visita o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez.


A intervención conta cun investimento de 365.000 de euros e, como explicou o titular da área, “seguramente a principios de novembro estarán xa en perfecto estado tanto a ampliación da cociña como do comedor”, e fixo, ademáis fincapé en que o interese final é  “formar aos mellores profesionais que o sector hostaleiro e turístico merecen e estase fortalecendo a familia profesional destas ensinanzas para ser un centro de referencia no conxunto de Galicia e, por suposto, na comarca de Ferrolterra”.


No que atinxe ás obras, os traballos de ampliación e reforma do interior do centro súmanse á recente mellora de talleres como o da lavandería de lencería, destinado ao Ciclo Superior de Xestión de aloxamentos turísticos, o que supón, indicaron dende a Consellería, un avance para o conxunto do centro. “Estas ampliacións e reformas permitirán dotar á FP en Pontedeume de máis e mellores espazos, reforzando a familia profesional dun sector produtivo clave no concello”, sinalou  Rodríguez. O centro dispón neste curso duns 273 alumnos. 

 

Próximas actuacións de mellora

 

A ampliación do centro enmárcase no compromiso da Xunta co impulso á FP en Galicia e coa empregabilidade do alumnado, facilitando, entre outros aspectos,  o acondicionamento do comedor para os ciclos de hostalaría. A obra forma parte dunha reforma máis ambiciosa que contará cunha segunda fase, destinada á remodelación de todos os talleres e cociñas de hostalaría, cun orzamento superior aos 650.000 euros.

As obras do CIFP Fraga do Eume estarán rematadas este outono

Te puede interesar