As Pontes viaxa ao pasado a fin de semana coa súa tradicional Cita coa Historia

As rúas acollen xa distintas actividades coas que se busca afondar nos xeitos de vida durante o período galaico romano
As Pontes viaxa ao pasado a fin de semana coa súa tradicional Cita coa Historia
Una edición anterior de la cita pontesa | Jorge Meis

As Pontes viaxa dende este venres ao pasado coa celebración da IX edición da Cita coa Historia. As rúas do casco histórico das Pontes acollen xa distintas actividades coas que se busca afondar nos xeitos de vida na localidade durante o período galaico romano. A apertura do mercado e a rúa dos oficios na tarde deron paso a obradoiros guiados, entre os que figuran a forxa, a cerámica, o coiro, madeira e gaita, ademais da tradicional visita guiada ao Museo Etnográfico Monte Caxado.


Xa na xornada de este sábado, ás 11.30 horas, procederase á apertura do mercado e da rúa dos oficios e o inicio de  obradoiros como o de torneado e talla en madeira. Estas accións seguirán todo o día con distintos oficios nun programa no que se repetirá a visita ao museo etnográfico ás 12.00 horas e ás 19.30 horas. Pero antes, ás 13.00 horas terá lugar a lectura do pregón, que correrá pola conta de cargo de Juan Anllo Sebastián, actor e veciño da vila, con máis de 30 anos de traxectoria.


A partir das 16.00 horas, abrirase unha ludoteca infantil, asentada no antigo cemiterio da vila, onde a rapazada poderá gozar con xogos de época, xogos tradicionais e xogos xigantes, na praza do cimiterio vello, e seguiranlle outros que se complementarán con  pasarrúas e actividades ata que, ás 22.00 horas, na praza da Igrexa, actúen grupos de folclore e a formación Tanto nos ten, dando por concluída a xornada coa media noite e o pasarrúas de No Combarro de As Pontes.

 

Domingo


Este domingo a cita repetirase durante todo o día dende as  11.00 horas, coa apertura do mercado, a rúa dos oficios e a celebración de obradoiros, entre os que se poderá escoitar a música dos Trevilla de As Pontes ou de Os Sobraos. Xogos infantís, animación e obradoiros ocuparán a xornada ata o peche da celebración e a volta ao século XXI da vila pontesa. 

As Pontes viaxa ao pasado a fin de semana coa súa tradicional Cita coa Historia

Te puede interesar