Cedeira presume das diferentes labores nunha nova edición da Xuntaza de Palilleiras

Cedeira presume das diferentes labores nunha nova edición da Xuntaza de Palilleiras
As palilleiras, hoxe, no pavillón do Nicolás del Río | Cedida

“Contra vento, marea e inundación”, como reflectiu a asociación Mulleres da Vila de Cedeira nas súas redes sociais, o pavillón do colexio Nicolás del Río de Cedeira acolleu hoxe unha nova edición, a décimo sétima, da Xuntanza da Palilleiras, Patchwork e Bordado Tradicional.


Na cita, os asistentes puideron desfrutar do traballo das diferentes asociacións participantes, cuxo número se viu reducido con respecto ao de edicións anteriores. Este ano só acudiron entidades de Galicia. “Como este ano tívemolo que facer no colexio, por tema de espazo non puidemos invitar a máis. Aínda así, xuntámonos 280 palilleiras máis os seus acompañantes”, indicou Ángeles Villar, presidenta da entidade organizadora da cita. 

 


O evento contou, así mesmo, con numerosos postos de venda de diferentes artigos relacionados con ditos labores artesanais.


As impulsoras prepararon tamén un sorteo de lotes e repartiron como deferencia invitacións ao Museo Mares de Cedeira (facilitadas polo propio museo) para as entidades que tomaron parte da xuntanza. 

Cedeira presume das diferentes labores nunha nova edición da Xuntaza de Palilleiras

Te puede interesar