O ciclo “Xullo, mes da Patria” de Fene segue hoxe cos concertos de Trikitrí e Fillas de Cassandra

O ciclo “Xullo, mes da Patria” de Fene segue hoxe cos concertos de Trikitrí e Fillas de Cassandra
Os feneses Trikitrí gañaron en 2022 o certame Runas de Ortigueira | CEDIDA

A programación do ciclo “Xullo, mes da Patria” do Concello de Fene continúa esta noite cos concertos de Trikitrí e Fillas de Cassandra. A cita terá lugar a partir das 21.00 horas, na praza do alcalde Ramón J. Souto González, con entrada libre e gratuíta.


O público poderá gozar así da música destas dúas destacadas formacións. Os grupo Trikitrí, gañador en 2022 do Certame Runas do Festival de Ortigueira, está formado por catro músicos veciños do municipio (Óscar Alfonso, Alberto Maceiras, Óscar Painceiras e Alberto Romero) cunha longa bagaxe en grupos de música tradicional, folk e outros estilos na comarca de Ferrolterra.


Fillas de Cassandra, pola súa banda, é un dúo vigués formado por María Pérez (voz, percusión e piano) e Sara Faro (voz e percusión). Xuntas dan forma a un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedores  do panorama galego, salientan desde o Concello fenés. 

O ciclo “Xullo, mes da Patria” de Fene segue hoxe cos concertos de Trikitrí e Fillas de Cassandra

Te puede interesar