A Cofradía de Pescadores San Telmo de Mugardos retirou un total de 28.620 quilos de lixo mariño na súa zona de actuación.
Na modalidade de recollida activa –realizada durante 11 días nas enseadas do Baño, Santa Lucía e A Barca– recolectáronse 26.980 kilos, dos calos o 80% correspondéronse con restos de cerámica e cascallos. Os mariscadores e mariscadoras retiraron tamén goma (neumáticos), metais, madeira, así como residuos plásticos e téxtiles.
Pola súa banda, os armadores das embarcacións O Calamar e Novo Genoveva procederon á recollida –na modalidade pasiva, mentres desempeñaban as súas funcións habituais de pesca– de 1.640 kilos de residuos, o 44% deles de tipo plástico.