Son do Camiño, Caudal Fest e Festival A Fraga: eles son Monoulious DOP

Os de Noia xa son veteranos nos escenarios galegos e estarán na festa da Fraga
Son do Camiño, Caudal Fest e Festival A Fraga: eles son Monoulious DOP
Monoulious DOP I Cedida

Monoulious DOP é un dos nomes máis complicados de pronunciar do panorama musical galego, pero non deixa de sonar.


Mon e Ula son a súa cara visible, mais o grupo é “un colectivo de persoas que durante anos estiveron axudándonos a todo o que fai falta para que unha banda saia a flote”, afirman e continúan agradecendo “a esa xente debémoslle todo”. Con isto fan referencia a productores, managers, operadores, iluminadores e todos os que participaron no seu proxecto audiovisual. 


De feito, ese foi o seu orixe, os videoclips. Alá polo 2012 naceu o seu primeiro tema que, nun pricipio, tiña só unha vertente dixital. Agora conquistan escenarios.

 

A importancia do Polihumor


A súa etapa diante dos focos comeza por clamor popular. Os seus seguidores nas redes sociais, que como eles mesmos matizan “aínda estaban sen masificar”, requerían un directo coas cancións que solo podían desfrutar en Youtube. 


Cancións que, por certo, están baseadas no Polihumor, é dicir, no arte de rirse de todo. Nos acordes e letras de Mon e Ula non caben nin os prexuízos nin as etiquetas. O seu estilo de música responde a unha sola cuestión: o momento.


“Encántanos crear e darlle a volta a calquer tema que se nos pase pola cabeza” comentan os músicos e, si se lles pregunta por dúas palabras que os definan non dubidan en responder con “retranca e irreverencia”. 
Enriba do escenario son unha bomba. Cantan, bailan e conectan co público dende o primeiro instante. Pode ser que iso os levara a ter un oco na última edición do renomeado e coñecidísimo Son do Camiño  mais eles son humildes. “Para nós son tan importantes os festivais grandes como os que non son tanto”, recalcan.


Eles non pensan en imposibles e son conscientes de que o traballo que ten detrás calquer tipo de actuación é inmenso pero a forma de traballar xa non é a mesma que ao principio. Explican, entre risas, que fan por separado a súa múscia pero “seguimos compartindo opinións e decisións conxuntas das que seguen saíndo marabillas igualmente”


Veñen á Festa da Fraga sen medo, decididos a dalo todo no escenario, nunha noite moi especial para os ponteses e as pontesas. Asumen que é o seu primeiro rodeo nesta celebración e que non saben a qué se estan a enfrentar pero conclúen que si un ten medo a morir, “que non naza”.

Son do Camiño, Caudal Fest e Festival A Fraga: eles son Monoulious DOP

Te puede interesar