A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, asinou onte –dous días despois da renuncia dos concelleiros do PSOE, a petición do propio partido– a resolución na que figuran os cambios nas delegacións de goberno e que a partir de agora pasan a ostentar os edís de Terra Galega (TEGA).
Así pois, dende o Concello indican que Román Romero, responsable de Facenda, Seguridade Cidadá e Speis, pasará a levar os departamentos de Promoción e xestión de polígonos industriais e Participación Cidadá. Pola súa banda, Manuel Ramos, concelleiro de Urbanismo, Patrimonio e Bens Inmobles, suma a concellería de Sanidade.
As delegacións increméntanse tamén para o edil de Servizos, Ibán Santalla, que asumirá Medio Ambiente e a concelleira de Turismo, Formación, Novas Tecnoloxías, Ocio e Festas, Natalia Hermida, que tamén ostentará Promoción Económica e Feiras e Mercados.
Así mesmo, o edil de Obras Públicas, Persoal, Recursos Humanos, Mocidade e Lecer, Pablo Mauriz, asumirá os departamentos de Infraestruturas Públicas; e a de Ensino e Bibliotecas, Mercedes Taibo, levará tamén Benestar Social. Agora, os cambios realizados pola rexedora serán publicados de maneira oficial no Boletín Oficial da Provincia (BOP).