O esplendor do patrimonio xeolóxico do territorio, ao alcance, en dezaséis Xeorrutas

O esplendor do patrimonio xeolóxico do territorio, ao alcance, en dezaséis Xeorrutas
Xeorruta da Mina do Piquito I Xeoparque

As Xeorrutas, dispoñibles no verán e na Semana Santa, ofrecen ao visitante unha combinación de turismo activo, xeoloxía, patrimonio natural e cultural. A través destes percorridos é posible coñecer as singularidades das formacións rochosas do territorio.

 

Cerdido

Neste municipio podemos descubrir a Xeorruta do Cobre –en colaboración tamén co concello de Moeche–. Trátase dun itinerario de baixa dificultade no que se visitan as principais instalacións das antigas minas de cobre, cunha intensa actividade que rematou arredor de 1969.

 

Moeche

Ademais do itinerario mencionado anteriormente, esta localidade tamén alberga a Xeorruta da Mina do Piquito, que permite coñecer un xacemento de cobre que se explotou ata finais da década de 1960, así como a Xeorruta do Toelo, para ver de primeira man os materiais ornamentais máis exclusivos de Galicia, as serpentinitas ou “toelo”, comunmente coñecido como pedra de Moeche.

 

Ortigueira

A Xeorruta dos Penidos percorre a Serra da Capelada, amosando aos visitantes o maior afloramento de ecloxitas de todo o planeta. Son rochas que baten récords que se orixinaron a máis de 100 quilómetros de profundidade. Pola súa banda, a Xeorruta das Lavas mostra o conxunto excepcional de materiais que foron orixinados por erupcións volcánicas submarinas hai máis de 400 millóns de anos, cando toda esta área formaba parte do fondo dun antigo océano, arredor do pobo mariñeiro de Espasante. Mentres, na Xeorruta dos volcáns, pódense apreciar as pegadas deixadas no litoral de Loiba polos volcáns hai máis de 470 anos millóns de anos.

 

Valdoviño 

La Xeorruta do Arsénico discorre pola costa de Meirás, amosando as dunas que se elevan ata o lado do Faro de Punta Frouxeira, ou o afloramento de rochas subvolcánicas no Porto. Neste último punto é posible observar os vestixios de intensa actividade mineira que tivo lugar a principios do século XX. Mentres, na Xeorruta dos Cabos, os visitantes poderán descubrir notables estruturas xeolóxicas, como a falla de Valdoviño, que se estende tamén ata Monforte de Lemos, así como os materiais coñecidos como complexo de Cabo Ortegal –rochas que formaban parte dun océano antigo e que non adoitan aparecer na superficie da Terra–.

 

San Sadurniño

A Xeorruta das Pías transita por dúas zonas, arredor do Castelo de Naraío e pola parte alta da Serra do Forgoselo. Na primeira visítase Río Castro, onde se pode admirar o contacto das rochas graníticas con sedimentos antigos. No segundo, na Serra de Forgoselo, as formas graníticas (bolos, pías, ou tafonis) son as protagonistas.

 

Cariño

A Xeorruta dos Aguillóns permite apreciar a maior concentración de ecloxitas de todo o planeta. Unhas rochas moi singulares, formadas a moitos quilómetros de profundidade. Tamén formacións xeolóxicas que aparecen en San Xiao do Trebo, orixinadas neste caso pola fusión doutras rochas. Mentres, os visitantes poderán descubrir na Xeorruta do Limo formacións rochosas moi singulares, que co paso do tempo adquiren formas sumamente curiosas e sorprendentes. Todo isto nun percorrido polo cantís máis verticais da Serra da Capelada.

 

Cedeira

A Xeorruta de Praias Negras permite coñecer a que está considerada como a única praia de area negra non volcánica do noso planeta (Teixidelo).  Mentres, a Xeorruta do Cromo percorre os cantís máis altos da Europa continental, unha panorámica privilexiada para contemplar o litoral entre Teixido e a Punta do Cadro. A terceira ruta deste concello, a Xeorruta do Granate, discorre por un pequeno camiño de pescadores do Santuario de Santo André de Teixido ata a enseada das Cortes, onde se pode observar unha ampla variedade de rochas. Ademais, os visitantes poden facer a Xeorruta do Litoral, que os leva a coñecer lugares cun destacable patrimonio xeolóxico, e mesmo os problemas que sofre a praia da Madalena. Por último, a Xeorruta dos Cantís, permite tocar rochas que hai millóns de anos atopáronse a 70 quilómetros de profundidade, na Serra da Capelada. 

O esplendor do patrimonio xeolóxico do territorio, ao alcance, en dezaséis Xeorrutas

Te puede interesar