"Lume no Castelo" volve con dobre cartel a Caamouco

A iniciativa vén cunha proposta para os pequenos e o concerto de Dúo Fenel
"Lume no Castelo" volve con dobre cartel a Caamouco
Unha das anteriores edicións da proposta | CEDIDA

A iniciativa da Agrupación Instrutiva de Caamouco abrangue dúas xornadas que comezan este venres ás 21.00 horas. Esta primeira proposta, “Lume no Casteliño”, achegará un xogacontos de Teatro Calavera para a rapazada, baixo o título de “Brincadeira Pirata”.

 

Ao día seguinte, o sábado á mesma hora, o “Lume no Castelo” ofrecerá un concerto de música tradicional a cargo de Dúo Fenel. Este proxecto de orixe ferrolá actuará despois do seu recente lanzamento titulado “Hotel Fenel”.

"Lume no Castelo" volve con dobre cartel a Caamouco

Te puede interesar