Narón entregó las primeras cestas de la campaña navideña

Narón entregó las primeras cestas de la campaña navideña
Na imaxe, os agraciados coas cestas deste ano

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, xunto coa concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, entregaron onte as catro cestas con produtos de Nadal sorteadas a través da “Campaña de Nadal do Comercio de Narón”. Ana Outeiral Mirón, Ana Isabel Suárez Loureda, María Luz Barros Freire e María del Mar Martínez Rodríguez foron as catro veciñas premiadas nesta convocatoria (dúas non puideron acudir), todas residentes en Narón. As papeletas premiadas recolléronse nos establecementos Boken Viajes, Nuria Espasandín, Bioreona e Centro Óptico Narón. En representación da Asociación de Comerciantes de Narón participou no acto Susana Oreona, integrante da directiva e propietaria de Bioreona.

 

A campaña comercial do Nadal naronés remata o vindeiro 31 de decembro e as persoas que fagan as compras nos establecementos adheridos seguirán obtendo as papeletas coas que optar aos premios que aínda quedan pendentes da entrega para a clientela: tres vales de compra, por importe de 1.000, 600 e 400 euros, respectivamente, e entradas ao parque da Warner Bros en Madrid para dúas persoas, incluíndo o aloxamento nun hotel concertado e con almorzo.

 


A organización recollerá o martes 26 as urnas dos establecementos participantes na promoción, co fin de proceder a sortear os agasallos pendentes. No caso de que os comercios permanezan pechados nesa data, é preciso avisar con antelación á organización, co fin de que poidan retirar antes a urna.

 


A rexedora felicitou aos premiados nesta campaña e agradeceulles o feito de que aposten polo comercio local para realizar as súas compras. Valorou tamén a implicación da Asociación de Comerciantes na iniciativa. 

Narón entregó las primeras cestas de la campaña navideña

Te puede interesar