Pontedeume conmemora o centenario da declaración de BIC do Torreón dos Andrade

Xa durante o ano leváronse a cabo algunhas actividades encamiñadas a destacar a relevancia da súa conservación
Pontedeume conmemora o centenario da declaración de BIC do Torreón dos Andrade
O Torreón dos Andrade en imaxe de arquivo | Jorge Meis

O número 261 do 17 de setembro de 1924 de La Gaceta de Madrid recollía a declaración de Ben de Interese Cultural do Torreón e o desaparecido pazo dos Andrade, un feito que se produxo  o 13 de setembro dese ano e que hoxe se conmemora no municipio eumés.


Con este motivo proxectarase unha iluminación especial do edificio e o lema da Casa dos Andrade, que permanecerá ata final de mes nunha das paredes do inmoble para lembrar e poñer en valor o patrimonio histórico e arquitectónico da vila.


Xa durante o ano leváronse a cabo algunhas actividades encamiñadas a destacar a relevancia da súa conservación, con charlas como “Educando en patrimonio”. Este venres e a fin de semana repartiranse, ademais, bolsas conmemorativas da efeméride. 

Pontedeume conmemora o centenario da declaración de BIC do Torreón dos Andrade

Te puede interesar