A Tenencia Teatro visita Barallobre para representar “Unha rosa é unha rosa”

O grupo, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín, dará comezo á súa representación este sábado
A Tenencia Teatro visita Barallobre para representar “Unha rosa é unha rosa”
Imaxe de arquivo doutra representación do grupo de teatro da Tenencia | Cedida

O texto que asina Suso de Toro titulado “Unha rosa é unha rosa”, que paradoxalmente se caracteriza como unha comedia de medo, será interpretado pola compañía A Tenencia Teatro, pertencente á Agrupación Instrutiva de Caamouco, en Ares. 

 

O grupo, baixo a dirección de Eugenia Sanmartín, dará comezo á súa representación este sábado, ás 19.00 horas, no local da Liga de Amigos de Barallobre, que organiza este encontro coa colaboración do Concello de Fene.

A Tenencia Teatro visita Barallobre para representar “Unha rosa é unha rosa”

Te puede interesar