O BNG de Ferrol propón a xestión directa da enerxía eléctrica para aforrar custos na factura

O BNG de Ferrol propón a xestión directa da enerxía eléctrica para aforrar custos na factura
O candidato nacionalista á Alcaldía de Ferrol, Iván Rivas I AEC

O BNG de Ferrol propón no seu programa electoral que o Concello merque directamente a enerxía eléctrica no mercado maiorista para así aforrar na factura total –ao esquivar os custes da comercializadora– e, ao tempo, crear emprego e facilitar a toma de medidas para a redución do consumo. O seu candidato, Iván Rivas, comprometeuse a adoptar decisións “que axuden a rebaixar a factura eléctrica do noso concello, tanto na redución do consumo como na xestión da propia enerxía e a súa forma de contratación”.


Indica a formación nacionalista que esta opción de comprar directamente a enerxía eléctrica para o subministro das súas instalacións, xestionándoo a través de persoal municipal, “é un procedemento que cada día están a desenvolver máis concellos no noso país e no conxunto do Estado”. Así, aproveitaríase que o contrato está caducado, pois finalizou en 2020, para desenvolver unha iniciativa “que supón unha alternativa ao actual modelo”.


O cálculo que fai a formación que lidera Iván Rivas implicaría un aforro dun 20% nos custos, derivado de suprimir os beneficios da comercializadora. “Xeraríase emprego, pois habería que contratar ao persoal encargado de mercar ese enerxía en función dos consumos que precisarían as instalacións públicas”, engaden. E ademais, grazas a isto último, “contariamos cunha cuantificación dos consumos que se producen no concello e sobre cos que poder actuar para reducilo”.


Para o BNG trátase dun proceso “que non debemos deixar escapar e menos nun contexto actual no que carecemos de contrato, os prezos da enerxía están disparados e no que as administracións deben traballar para reducir os custos que despois repercuten nos veciños e veciñas”.

O BNG de Ferrol propón a xestión directa da enerxía eléctrica para aforrar custos na factura

Te puede interesar