“Cedeira, Presente e Futuro”, lema do candidato socialista e actual alcalde, Pablo Moreda

“Cedeira, Presente e Futuro”, lema do candidato socialista e actual alcalde, Pablo Moreda
Os socialistas de Cedeira participaron na tradicional pegada de carteis I Cedida

O actual rexedor de Cedeira e candidato socialista á Alcaldía, Pablo Diego Moreda, arrancou a campaña electoral poñendo en valor “o carácter aberto e próximo” dos seus mandatos.


O alcaldable ten xa fixado un calendario de “Encontros coa Veciñanza”, cos que pretende falar e escoitar aos veciños e veciñas, tanto da zona urbana como da rural. Moreda sostén que aproveitará os días da campaña para “propoñer e debatir”, co obxectivo de “construír en positivo, fuxindo de debates improdutivos que nada aportan á cidadanía”.


A primeira destas reunións terá lugar mañá, ás 20.00 horas en Régoa. O día 16 achegarase ao local de Tarroiba (Santalla); o 18 á escolar de Saa (Esteiro); o 19 no auditorio municipal; o 21 na escolar de Sisalde; o 28 no local da pista da Carballa; o 25 en San Román e o 26 en Piñeiro (todas ás 20.00).

 

Lema

Cedeira, Presente e Futuro” será a frase que acompañe a Moreda nestes días ata o 28 de maio, facendo referencia, sostén, “tanto ao traballo feito nos dos gobernos anteriores como aos proxectos postos en marcha e ás novas iniciativas” do seu programa para os vindeiros catro anos.


O rexedor fai fincapé no duro da pandemia, onde estiveron “ao carón da cidadanía”. “Estivemos coa veciñanza na reclamación de mellores servizos sanitarios, no rexeitamento do recorte de profesorado, na presentación de alegacións aos proxectos eólicos, na defensa da frota artesanal...”, engadiu.


Como un dos principais obxectivos está o valor desa proximidade cos cedeireses e cedeiresas, conseguindo que o Concello “sexa de verdade un recurso ao servizo da veciñanza”. Neste senso, apuntou coma un dos seus piares á “participación, cos órganos consultivos que xa temos e con outros que imos crear”.  

“Cedeira, Presente e Futuro”, lema do candidato socialista e actual alcalde, Pablo Moreda

Te puede interesar