A orixe do Apalpador, o carboeiro das montañas do Courel que se alimenta soamente dos froitos do seu castiñeiro, é o tema central de “O castiñeiro do Apalpador”, que se presentará este
mércores en Fene.
Esta obra de teatro e monicreques, que se basea no libro homónimo de Inacio Vilariño, exhibirse ás 18.30 horas, na Casa da Cultura, con entrada libre e gratuíta. O obxectivo é dar a coñecer a historia deste personaxe tradicional da historia galega, que nos últimos años estase recuperando en boa parte dos territorios, compaxinando cos populares Reis Magos e Papá Noel.