A 55ª Festa das Carrozas coroa a proposta de "Trumpeando por Cobas"

Unhas 270 persoas participaron nas diferentes carrozas
A 55ª Festa das Carrozas coroa a proposta de "Trumpeando por Cobas"
Imaxe dun membro da carroza gañadora I Jorge Meis

Arredor dun milleiro de persoas participaron onte na 55ª edición da Festa das Carrozas de Covas que se volveu celebrar na parroquia ferrolá e que rematou cunha longa sobremesa na explanada do local social. 

 

No tocante á proba deportiva, o primeiro premio foi para “Trumpeando por Cobas”, que ofreceu unha posta de escena moi elaborada, con música e letra incluídas. Seguiuna no podio por “A invasión do carteiro” e “Cobastaun”. O galardón á carroza máis numerosa gañárono “Los miuras de Cobas”; as máis orixinais foron, por esta orde, “Os Colludos” e “Falcon Ividrio”; as máis simpáticas, “Os Carrozas” e “Olimpic Cobicheiros” e a máis nova foi “Eurocobas”. 

 

En total, arredor de 270 persoas implicáronse na creación das carrozas, unha cifra considerable.

A 55ª Festa das Carrozas coroa a proposta de "Trumpeando por Cobas"

Te puede interesar