A próxima edición do encontro que organiza o colectivo Opa Cabaré nas hortas comunitarias do barrio ferrolán de Canido xa ten data de celebración: o sábado 14 de xuño.
Coa mirada posta neste cuarto Agro Cabaré, dende a entidade realizan un chamamento a artistas de calquer tipo de disciplina (con exemplos como circo, variedades, música, clown, teatro...) que desexen ofrecer unha actuación neste marco. Os interesados deberán contactar co Agro Staff a través das súas redes sociais (Instagram e Facebook) ou correo opacavarecanido@gmail.com.