Artábria propón citas literarias e unha sesión vermú organizada por Vento Mareiro

Tania Sr.X, Eugenia Sanmartin, Lidia India e César ou Roger de Flor son algúns dos artistas convidados o domingo
Artábria propón citas literarias e unha sesión vermú organizada por Vento Mareiro
Imaxe dunha convocatoria anterior en solidariedade co pobo palestino, no centro social Artábria | DANI ALEXANDRE

A asociación cultural Artábria acollerá dende este xoves varias actividades protagonizadas pola literatura e a música. Trátase dun pequeno programa de tres xornadas, que comezan cunha nova cita do club de lectura, cuxa participación é libre.


Os interesados en formar parte deste equipo soamente deben ter lido o libro que se analizará na sesión, ás 20.15 horas, que desta vez será “A imagen de Portugal na Galiza”, de Carlos Quiroga. O venres, ás 20.00 horas, continúa a mesma liña aínda que con outra temática, xa que se tratará da presentación do libro “A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturias”, do profesor e escritor Manuel Miragaia.


Ademais, a entidade ecoloxista Vento Mareiro organiza este domingo, ás 12.30, unha sesión vermú para recadar fondos e continuar coa difusión da loita na que participan esta e outras entidades, en concreto sobre a manifestación do 24 de novembro en Ourense, contra a depredación enerxética. Este encontro contará con actuacións como as de Tania Sr.X, Eugenia Sanmartin, Lidia India e César ou Roger de Flor

Artábria propón citas literarias e unha sesión vermú organizada por Vento Mareiro

Te puede interesar