O Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez, que organiza o Club de Prensa de Ferrol, inaugúrase mañá no Campus Industrial de Ferrol. Os tres días de formación que abarca estarán a cargo de profesionais de renome, que se centrarán no fío condutor da configuración dunha nova orde mundial.
A proposta, que este ano cumpre a súa 25 edición, comezará cunha apertura institucional por parte do director territorial da Consellería de Cultura, Severino Álvarez; o concelleiro de Cultura de Ferrol, José Antonio Ponte; a vicerreitora do Campus e Responsabilidade Social, Ana Ares; as directoras do curso, Asunción Larranz e Esperanza Piñeiro, así como a presidenta do Club de Prensa da cidade, Julia Díaz.
Jorge Quindimil, profesor da Facultade de Dereito da UDC, será o encargado da primeira intervención. En horario de tarde, continuarán as sesións o coordinador do grao en Relacións Internacionais, Félix Puime, e a profesora Asunción López.
O xoves comezará coa intervención de Juan Luis Montero, docente de Historia Antiga; Alfonso Baulúz, presidente de Reporteros sin Fronteras España e profesor da Complutense; a catedrática emérita de Historia e Institucións Económicas da USC, María Xosé Rodríguez, e a catedrática de Fundamentos Económicos da UDC, Isabel Novo.
O último día estará a cargo do codirector de Idecah, Jesús Núñez; a respondable da Unidade de Estudos Bibliográficos da Universidade de Barcelona, Anna Caballé, e o catedrático de Estatística e Investigación Operativa da UDC, Salvador Naya.
O peche darase coa presentación do libro de Eduardo Fra, traducido por Xosé María Dobarro, “Gurméndez nun café Delft”, e a lectura dramatizada de Maquinarias Teatro, dirixida por Helga Méndez. Este curso está homologado en 20 horas pola Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e xa ten as 60 prazas das que dispoñía cubertas.