Creatividade e moito sabor para adozar o padal dos afillados

Creatividade e moito sabor para adozar o padal dos afillados
Escaparate futbolístico na confeitaría Gascón, da rúa Real I Jorge Meis

As delicias culinarias tamén teñen o seu oco nas tradicións da Semana Santa. Aos habituais roscóns de Pascua, semellantes aos de Reis, únese tamén o costume de que padriños e madriñas entreguen ovos de chocolate aos seus afillados. A cuestión enriqueceuse moito nos últimos anos e créanse auténticas esculturas, como a composición futbolística que exhibe a confeitaría Gascón da rúa Real e que dá un extra de apoio ao Racing de Ferrol no último tramo dunha liga moi competida. 

 

Coelliños de distintos tamaños, ovos lisos ou reptilianos, composicións infantís, alusións literarias e tamén recreacións da vida cotiá caben no maxín dos pasteleiros que desde hai xa uns días exhiben nos seus escaparates toda a súa creatividade e fantasía para gozo dos máis larpeiros.

Creatividade e moito sabor para adozar o padal dos afillados

Te puede interesar