A sede da Fundaçom Artábria é unha das seis localizacións galegas que se elixiron para a pre-estrea dun documental da banda Dakidarría. O encontro, que terá lugar este venres a partir das 20.30 horas, tamén incluirá unha mesa redonda e un pequeno showcase acústico.
O vídeo que chegará a Ferrol da man da produtora Arcadia Universe engloba a celebración da formación polos 20 anos que cumpriu durante a xira de 2023. Tras proxectarse por primeira vez no festival Revenidas, enmarcado nun concerto de aniversario especial o pasado mes de setembro, Dakidarría anuncia este “tour audiovisual”, no que Ferrol é a súa cuarta parada.
Varios membros da banda e da produtora comentarán o percorrido e algunhas curiosidades do proxecto nunha mesa redonda. Ademais, a mensaxe rebelde e inconformista do grupo exhibirase nunha sesión acústica final.