A directiva de Cointega conta co coordinador do grao en Moda

Esta formación universitaria impártese no Campus Industrial de Ferrol en modalidade bilingüe
A directiva de Cointega conta co coordinador do grao en Moda
O responsable do grao en Xestión Industrial da Moda | CEDIDA

O Clúster Textil Moda de Galicia, Cointega, dispón dende a semana pasada dunha nova xunta directiva, entre a que se atopa Manuel Escourido, en representación da UDC. Este responsable é ademais o coordinador do grao en Xestión Industrial da Moda, a primeira titulación bilingüe do Sistema Universitario de Galicia.


Tras os 38 anos que levaba José Antonio Conde, fundador e propietario da empresa Alba Conde, como presidente, este pasa á vicepresidencia e substitúelle no cargo o empresario téxtil Javier Guerra. Con esta incorporación á xunta directiva realízanse outras como a de Manuel Escourido, coordinador do grao en Xestión Industrial da Moda, que se imparte no Campus Industrial de Ferrol, co que representa á Universidade da Coruña na entidade, xunto a outras como Inditex, Selmark, Texvigo ou Florentino.


A Facultade de Humanidades e Documentación acolle o grao en Xestión Industrial da Moda na súa oferta dende fai cinco cursos académicos. Trátase dunha formación que conta con máis de 100 convenios de colaboración para a realización de prácticas, tanto curriculares como extracurriculares en empresas de gran prestixio como Adolfo Domínguez, Louis Vuitton, Selmark, Augusto Bellini, El Corte Inglés ou Roberto Verino, entre outros. 

A directiva de Cointega conta co coordinador do grao en Moda

Te puede interesar