Dous traballos da Área nun congreso nacional nas Palmas

Os estudos abordan cuestións como a neutropenia febril e as artrites sépticas
Dous traballos da Área nun congreso nacional nas Palmas
Unha das residentes diante do luminoso do congreso nacional

Profesionais residentes de Medicina Interna da Área Sanitaria de Ferrol presentaron dous traballos: unha comunicación oral e outra tipo póster, no 45 Congreso da Sociedade Española de Medicina Interna, que se celebrou nas Palmas hai uns días. 

 

As residentes falaron de dous estudos retrospectivos e observacionais, un sobre a neutropenia febril, que é unha complicación relativamente frecuente nos pacientes con neoplasias oncohematolóxicas; e outro sobre as características das artrites sépticas (infeccións das articulacións), xa que require dun diagnóstico e un tratamento precoz, pola súa posible gravidade. 


Apuntan desde a Área Sanitaria que a neutropenia febril, tema da comunicación oral, é o desenvolvemento de febre, a miúdo con outros signos de infección, nun paciente con neutropenia, un número anormalmente baixo de granulocitos neutrófilos no sangue, e pode producirse tralo sometemento a unha quimioterapia. Esta afección aumenta os riscos de enfermidade e de mortalidade, e a necesidade de hospitalización dos e das pacientes.

 

Imagen editada
As residentes presentaron o traballo a pasada fin de semana nas Palmas


As profesionais fixeron unha análise de pacientes hospitalizados no CHUF con esta neutropenia entre o ano 2018 e 2022, un total de 143, e afondaron nas súas características individuais para coñecer a afectación en cada un deles e ter en conta as claves analizadas para realizar unha mellor detección de futuro. “A neutropenia febril é unha complicación frecuente tanto en pacientes con tumores sólidos como hematolóxicos en tratamento con quimioterapia e supón un reto”, afirmaban as profesionais. 

 

Con respecto ao outro estudo obsevacional con pacientes ingresados con artrite séptica ou infección das articulacións, desde xanerio de 2028 ata decembro de 2023 foron un total de 38.

 “A artrite séptica require dun diagnóstico e tratamento precoz debido a elevada morbilidade que leva asociada”, añaden desde el CHUF. 

Dous traballos da Área nun congreso nacional nas Palmas

Te puede interesar