“Nina y el secreto del erizo”, unha película de Alain Gagnol e Jean-Loup Felicioli, é o primeiro título que se inclúe na lista de Petís Duplex. Esta é unha iniciativa que se volve retomar este ano para continuar achegando cine gratuíto dirixido ao público familiar.
A obra exhibirase na súa versión española nun único pase, que se realizará este domingo ás 12.00 horas. O ano pasado, cando se realizou a estrea absoluta desta peza animada no Festival de Annecy e no Mercado Internacional do Filme de Animación, a cinta obtivo premio na Semana Internacional de Cine de Valladolid e en Mi Primer Festival.