Esta fin de semana, triple concerto na sala La Room

O peche desta noite de venres soará a indie con Tigre y Diamante
Esta fin de semana, triple concerto na sala La Room
Ferrol é a primeira parada da xira de Tigre y Diamante | CEDIDA

A sala La Room acollerá un total de tres concertos, dous serán esta mesma noite de venres e outro o sábado. Dúas das actuacións  –a primeira e a última– están incluídas na Rede Galega de Música ao Vivo Complementaria.


Abrirán esta tanda, ás 22.30 horas, o dúo ferrolán formado por Susana Adalid, recoñecida en proxectos como os de Lady Evil, e Hugo Martsan, de Demo Rumudo. A vocalista e o teclista interpretarán un repertorio que vai dende a música dos anos 80 ata a actualidade. Esta actuación terá un prezo de 5 euros.


Tomarán o relevo Tigre y Diamante –ás 23.45 cunha entrada de 10 euros que se pode mercar a través de ataque360.com ou entradas.com–, que con esta actuación dan o pistoletazo de saída dunha xira nacional. Presentan o seu terceiro LP “Actitud ganadora”, que mestura sons garaxeiros, punk e pop distorsionado.


Esta banda preséntase como unha das opcións máis refrescantes e dinámicas do panorama musical independiente. O programa de concertos finalizará o sábado coa actuación de Al Vila e Cabe (Callos Gratis). Os cabezas visibles de Los Alcántara tocarán a partir das 00.15 horas e a entrada terá un prezo de 5 euros.

Esta fin de semana, triple concerto na sala La Room

Te puede interesar