O Festival Celta de Ortigueira terá un punto violeta e unha plataforma PMR

O evento, que se celebra do día 11 até o 14 de xullo, contará con distintas medidas de accesibilidade e seguridade
O Festival Celta de Ortigueira terá un punto violeta e unha plataforma PMR
O Festival Internacional do Mundo Celta contará co aopio da Xunta de Galicia para as instalacións / ÁLVARO RAMIL

A Consellería de Política Social e Igualdade reforza o seu compromiso co Festival Internacional do Mundo Celta, que se celebrará do xoves 11 ao domingo 14 de xullo, coa provisión das principais medidas de inclusión e seguridade do evento.


Nesta edición do encontro por excelencia da cultura celta, instalaranse un punto violeta e unha plataforma para persoas con mobilidade reducida –PMR–, que teñen o obxectivo de promover un ambiente seguro e accesible para a totalidade dos asistentes. Este chamado punto violeta, que estará localizado na Alameda, terá a finalidade de sensibilizar, previr e atender ás posibles situacións de acoso e violencia de xénero. O posto estará a cargo de persoal especializado que ofrecerá información, asesoramento e asistencia a quen o precise.


A plataforma PMR instalarase para garantir unha boa visibilidade do Escenario Estrella Galicia e que todos os espectadores poidan aproveitar os concertos sen barreiras. Ademais, na Alameda poñeranse a disposición do público novos baños adaptados. Aproveitando a aposta da Xunta de Galicia, o Comité Organizador do Festival de Ortigueira agradece o apoio institucional e confirma a súa aposta pola formación dun evento máis seguro e accesible para todo o público. 

O Festival Celta de Ortigueira terá un punto violeta e unha plataforma PMR

Te puede interesar