”Deseño de Iates” é o título da conferencia dirixida a estudantes de grao e máster en Enxeñaría Naval, que terá lugar esta tarde, ás 18.15 horas, no salón de actos do vicerreitorado do Campus Industrial de Ferrol. A proposta será impartida polo especialista no sector Juan Alba Fernández.
O protagonista desta iniciativa, que organiza a delegación galega do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos, é deseñador especializado en embarcacións profesionais de alta velocidade e o deseño de exteriores. Na sesión falarase sobre as principais áreas que interveñen no deseño dun iate e sobre o amplo abano de embarcacións que inclúe este termo, realizando un breve repaso á historia das distintas áreas.