Charla sobre xogos de rol promovida polo Hospital de Día de Saúde Mental

A iniciativa busca destacar a importancia do tempo de lecer cun acto no Centro Cívico de Canido preivisto para mañá
Charla sobre xogos de rol promovida polo Hospital de Día de Saúde Mental
La acción sobre juegos de rol tendrá lugar esta mañana en el Centro Cívico de Canido

Nuria García Gonzalo, terapeuta ocupacional do Hospital de Día do Servizo de Psiquiatría e Saúde Mental do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, que desenvolve o programa Afeccións Transformadoras, sostén que “polo feito de ser humanos necesitamos momentos de lecer, e afeccións nas que o noso potencial, a nosa esencia, aquilo no que temos brillo, se manifeste en estado puro”.

 

Neste programa seguen as liñas do Plan Estratéxico relativo á saúde mental 2030, e poñen o foco tanto na prevención e a atención de calidade para toda a cidadanía dende a participación cidadá, como na promoción dun estilo de vida saudable. 

 

Así, no marco do Programa de Terapia Ocupacional, no Hospital de Día, traballan tódolos mércores “a importancia das afeccións, o valor do tempo de lecer, e a conexión deste con nós mesmos e co noso entorno natural”. Dan un paso máis, e trasladan esta actividade habitual a un traballo comunitario centrándose nun modo de lecer e coñecendo os xogos de rol. 

 

Deste xeito,  no Centro Cívico de Canido do Concello de Ferrol, maña venres 25, ás 11.00 horas, terá lugar a videoconferencia: "Que son os Xogos de Rol e que beneficios teñen", aberta a cidadanía, no marco deste Programa de Terapia Ocupacional no que traballan as Afeccións Transformadoras. Esta videoconferencia correrá a cargo de Fran Valverde, editor con ampla experiencia neste campo. A entrada é libre ata completar aforo, e pódese seguir tamén por Youtube. 

 

Esta acción forma parte dun ciclo que continuará con outras actividades relacionadas co lecer este mesmo ano e o ano que vén. Un tempo de lecer que debe ser de calidade.

 

 “Hai momentos vitais no que o tempo de lecer é o primeiro que sacrificamos, pero tamén hai momentos nos que a través do lecer nos salvamos”, explica Nuría García

 

García sostén tamén que "non se trata de facer actividades por facer, é conectarnos con nós mesmos e co que nos rodea desde aquilo que nos motiva e que nos gusta”, de aí esta actividade fóra do seu espazo habitual e no marco da súa comunidade, unha actividade de inclusión que “une ó entorno de xeito natural e aberto, como sociedade, creando vencellos”, afirma. 

 

“Lecer non é estar a descansar ou deitado. O lecer é un espazo transformador, no que saímos máis completos despois da súa experiencia”, engade esta terapeuta ocupacional. 

 

O lecer cando é frutífero e de calidade “serve para que te atopes mellor”, engade a responsable. 

 

Sobre a cuestión en elexir os xogos de rol esta profesional explica que, “en investigación sempre necesitamos que haxa unha persoa que nos abra o campo, é dicir, que nos poña en contacto non coa teoría senón coa poboación para investigar. 

 

Esta é a idea deste ciclo, que sexa unha apertura a outro campo, é dicir, que nos poña en contacto non coa teoría senón que nos poña en contacto conformas de lecer activas e creativas", conclúe.

Charla sobre xogos de rol promovida polo Hospital de Día de Saúde Mental

Te puede interesar