Media ducia de IES e CIFP da zona impartirán cursos de idiomas para obter certificados oficiais

Media ducia de IES e CIFP da zona impartirán cursos de idiomas para obter certificados oficiais
O CIFP Leixa é un dos que imparte esta formación en idiomas I E.C.

O IES Punta Candieira (Cedeira), os CIFP Leixa e Ucha Piñeiro (Ferrol), os IES de Mugardos e de Ortigueira e o CPI de San Sadurniño impartirán o vindeiro curso ensinanza de idiomas fóra do horario escolar. Participan no programa Cuale, da Consellería de Educación, que prepara ao alumnado para obter os certificados oficiais da Escola de Idiomas que acreditan o coñecemento dentro dos niveis de referencia en Europa (neste caso, desde A1 ata B2, este último adoita ser un requisito mínimo para cursar másteres e nalgunhas ofertas de traballo).


A formación, gratuíta, será impartida polo profesorado do centro ao longo dos meses, que serán tamén quen realicen os correspondentes exames para obter certificados de aproveitamento. Para os documentos oficiais haberá que concorrer ás probas que se organizan desde as escolas oficiais de idiomas.

 

 

Inglés e francés


En Ferrol, os dous centros de FP que están incluídos no programa ofrecen o nivel B1 de inglés. No IES de Ortigueira dase a oportunidade de preparar os exames oficiais desde o A1 ata o B2. No IES de Mugardos hai tres niveis, desde o A2 ata o B2 mentres que no Centro Público Integrado de San Sadurniño teñen ata o A2. O único caso no que, ademais do inglés, se pode estudar tamén francés é o do IES Punta Candieira, en Cedeira. No primeiro hai os niveis A1 e A2 e na lingua franca pódense preparar os exames para certificar os coñecementos que se corresponden con A1, B1 e B2.


Estas categorías distribúense por cursos, de modo que para poder preparar o A1 é preciso estar matriculado en 3º da ESO (tendo superadas todas as materias de 2º) e para cursar A2 débese estar en 4ª ou en FP de grao medio de menos de 2.000 horas.


Os niveis B1 e B2 diríxense a estudantes de Bacharelato ou de FP de grao medio ou superior de 2.000 horas. Tamén o poden cursar os que teñan o nivel previo.


O programa Cuale ten como obxectivo que o alumnado mellore as súas competencias noutros idiomas desde o seu propio centro e que poida preparar as probas de certificación das escolas oficiais de idiomas.
En total, preto de 3.800 estudantes de 46 centros educativos de toda Galicia beneficiaranse dalgún destes cursos para a fomación complementaria en lingua estranxeira.

Media ducia de IES e CIFP da zona impartirán cursos de idiomas para obter certificados oficiais

Te puede interesar