O salón de actos Concepción Arenal do Campus de Ferrol acolle este luns, a partir das 11.30 horas, unha conferencia de Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña.
Trátase da penúltima sesión dun programa de charlas “Auto-Sinerx-IA. A Automática e a Intelixencia Artificial como Ferramentas para os Desafíos da Industria e da Sociedade”, que nesta ocasión focaliza na IA, e en concreto tratará os mitos, as realidades e os desafíos éticos que ten asociados.