“El traje”, de Javier Gutiérrez, abre a programación cultural do outono

“El traje”, de Javier Gutiérrez, abre a programación cultural do outono
Javier Gutiérrez, en "El traje"

Javier Gutiérrez, Los Secretos ou Carlos Núñez son tres dos nomes propios que forman parte da programación cultural do Concello de Ferrol ata finais de ano. O edil de Cultura, José Antonio Ponte Far, presentou onte unha proposta que, asegurou, “xa estaba máis ou menos articulada por Eulen cando chegamos ao goberno” e que, con algúns retoques, permitirá ofrecer á cidadanía un cartel “variado e diverso”, tendo en conta, recoñeceu, a dificultade de “contentar a todo o mundo”. Ponte incidiu en que “como dixo un experimentado programador do concello veciño, o segredo está na mestura, e con ese espírito e nesa liña traballamos”. 


Abrirá o outono cultural da cidade a estrea de “El traje”, coprotagonizada polo ferrolán Javier Gutiérrez. Neste caso haberá dúas representacións, o venres e mais o sábado da semana que vén (días 22 e 23).


En outubro haberá cinco propostas, ás que hai que engadir, precisou o concelleiro, outras actividades nas que o Concello colabora activamente coas entidades organizadoras, como as homenaxes a Xaquín Marín e ao Toxos e Froles, ou a programación Fóra do Mapa. 

 

on se esqueceu Ponte Far do ciclo de teatro afeccionado Ferrol a Escena, que continúa todo o outono, que se completa con oito actos en novembro –con visitas como Los Secretos, o día 4; a ópera “Don Giovanni”, o 15; ou o monólogo de David Guapo, o 25– e outros tantos en decembro, con propostas como as do Ballet de Kiev (día 15), Carlos Núñez (17) e o espectáculo “Esfínter 3” dos humoristas Róber Bodegas, David Amor e Javier Veiga (27). 


Ponte apuntou que a súa área xa traballa na programación do ano que vén e subliñou a súa intención de “falar cos grupos da oposición para que fagan tamén as súas achegas”. 

“El traje”, de Javier Gutiérrez, abre a programación cultural do outono

Te puede interesar