O antiguo vertedoiro de Mougá, era, a principios de 2002, unha basta extensión de terreo –93.000 metros cadrados– que acumulaban preto de 600.000 metros cúbicos de residuos urbanos. A intervención conxunta de Xunta e do Concello, que contou cun presuposto de máis de 3.200.000 euros, fixo posible que hoxe podamos falar dun área “case” descontaminada.
O paso final é a reintegración da zona degradada no entorno. Para isto, a empresa Abeconsa rexenerará o emprazamento con especies vexetais, creando áreas axardinadas para acadar unha integración paisaxística total. A zona que ocupaba o vertedoiro non poderá ser utilizada pola poboación en, como mínimo, un prazo de 10 ou 15 anos.
Así, a segunda intervención en Mougá contempla tamén o selado do compost acumulado na antiga nave de compostaxe e o derrubamento desta, creando no seu lugar un aula de educación ambiental. Os restos da planta de reciclaxe, que data de finais da década dos oitenta, serán eliminados a través da súa venta como chatarra e dos residuos acumulados para a producción de compost, que serán trasladados a Sogama.
A obra, que ten un prazo de execución de catro meses, polo que se prevé que en febreiro do ano que vén esté lista, está financiada por Medio Ambiente e o Fondo de Cohesión e conta cun presuposto de 1.225.883 euros. Unha vez rematado, o Concello será o encargado de explotar, manter e conservar esta zona.