O escenario da asociación cultural Artábria devolverá ao recordo a iniciativa de transporte nocturno que levaba de ruta polas discotecas da contorna.
Este feito virá da man de Xuventude Prea, que ofrecerá un diálogo co presente e pasado máis recente na obra de teatro “Unha historia do noitebús”, ao mesmo tempo que invita a reflexionar sobre diversas cuestións de interese local.
Esta proposta ofrecerase este venres con entrada libre até completar o aforo, ás 20.30 horas.